13 de novembro de 2018

A escultura exipcia no Imperio Medio

A escultura exipcia no Imperio Medio
Neste período non hai unha unidade estilística estrita, senón que se aprecian diferentes tendencias que optan por diversas solucións expresivas. No norte, na zona do Delta, desenvólvese un gusto cara ás formas clásicas e idealizadas, derivadas do Imperio Antigo, nas que se exalta a nobreza e serenidade das figuras. As estatuas  sedentes de  Sesostris I son representativas desta tendencia; trátase de figuras de pedra calcaria que mostran un rostro xuvenil.
Un pouco máis cara ao sur, en Menfis, óptase por un maior realismo; e na zona da capital tebana, no sur do país, téndese a sintetizar ambas as tendencias con preferencia a mostrar a expresión do rostro, mentres o corpo permanece fiel á normativa do Imperio Antigo, impasible e alleo a calquera trazo temporal. As esculturas dos reis prodíganse e atópanse non só nas construcións funerarias, onde permaneceran ocultas durante o Imperio Antigo, senón tamén no interior dos templos e no exterior das edificacións, ao aire libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.