29 de novembro de 2018

Aforismos de Leonardo

340.- A pintura é unha poesía que se ve sen ouvila; e a poesía é unha pintura que se ouve e non se ve; son, pois, estas dúas poesías ou, se o prefires, dúas pinturas, que utilizan dous sentidos diferentes para chegar á nosa intelixencia. Porque se unha e outra son pintura, pasarán ao común sentido a través do sentido máis nobre que é o ollo; e se unha e outra son poesía, haberán de pasar polo sentido menos nobre, é dicir, o oído. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario