26 de novembro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XXIII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XXIII

E dicir que me digan a min, en fin esto non é moderno e se non estaban ahí tanto nas comunidades de Castela como nos irmandiños de Galicia, a posibilidad de unha nova vida política que ahora está de moda moitas veces o decir que non o retrógado, o que fora...

Os reises católicos tiveron que vir fixéronlle un gran ben a Galici, naquel momento e dicir restableceron a paz cortaron cabezas coma a do mariscal Pedro Pardo de Cela na praza do meu pobo, foi a cabeza rodada e entonces un ..... que tiña o obispo de Mondoñedo debía entón un ministro de propaganda ..... inventou que a cabeza conforme iba rodando despois de cortada como había empezado a decir o credo, credo, creo en Deus pater... pois decindo o credo, credo, credo hasta que parou co cual quedaron todos convencidos os paisanos de Mondoñedo de que o Mariscal na última hora se había sometido o obispo con quen pelexaba que era o que se buscaba.

Ben, os reises impuxeron a paz. Xa os irmandiños habían destruído casi o 90% de tódalas fortalezas do país todolos castelos de Galicia foron arrasados polos irmandiños non quedan máis que montós de pedras, os reises impuxeron unha xusticia moi dura pero absolutamente necesaria. Hai unha anécdota que conta Vasco de Ponte: estaban s D. Fernando e a Dona Isabel en Santiago e xa habían dado orden de que tódolos nobles galegos cando eles saíran pra Castela foran tras eles e tomaran parte na guerra que iba a ser a conquista de Granada, pro había o conde vello de Altamira que pesaba 360 libras galegas, e entón o conde tan vello, tan gordo pediu permiso pra se quedar. Don Fernando e Dona Isabel déronllo pro despois de ter o permiso pra quedarse, un día estando xantando na sua casa en Santiago dixo: "bueno marcharse han os hóspedes e volveremos a comer galo". Marcháronse os hóspedes, e dicir, Fernando e Isabel e eles volverían a comer o galo, o probe galo de Galicia, porque hai que leer os documentos daquel tempo, tódolos documentos publicados por André Martínes Salazar ou publicados por Ferro Couselo, López Amande por moita xente e alí está Santa María do Vilar de ..., 18 mollos de viño, 20 cazos de...... dous xatos, un boi, tantos días da arada na terra do señor, etc. este era o galo, o galo que estaban dispostos a comerse e que se comían os nosos condes ....

Ningún comentario:

Publicar un comentario