27 de novembro de 2018

Pequenas tallas para as escenas cotiás

Pequenas tallas para as escenas cotiás
Durante o Imperio Antigo iniciouse un xénero novo en  estatuaria menor que proliferou, extraordinariamente, ao longo de todo o Imperio Medio. Son pequenas tallas, entre 20-30 centímetros, labradas en madeira e policromadas, que representan serventes realizando os seus labores. Tratábase de figuras destinadas ás tumbas e consistían en modelos reducidos, a modo de maquetas, das diferentes situacións e actividades que se desenvolvían na vida cotiá. Así, é posible atopar pequenos escenarios nos que se reproducen traballos cotiáns como os de gandería. Represéntanse panadeiros, homes realizando a cervexa, mulleres transportando cestas, campesiños  arando ou mulleres facendo faenas domésticas. Algunhas escenas chegan mesmo a representar fogares enteiros. As  figurillas formaban parte do  ajuar funerario para garantir ao defunto os servizos imprescindibles durante a vida no máis aló. Así, no caso de que o defunto fose un militar, depositábase todo un exército de soldados na súa sepultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario