21 de febreiro de 2019

Aforismos de Leonardo

352.- Cando o poeta cesa de figurar con palabras o que na natureza é un feito, non iguala ao pintor. Todo o que pode efectuar, abandonando tal figuración, é describir as palabras elegantes e persuasivas da persoa a quen fai falar, e entón convértese en orador e non é máis un poeta, nin un pintor; se fala dos ceos, tórnase astrólogo; e filósofo ou teólogo, se se ocupa da natureza ou de Deus; pero se volve tentar a figuración dalgún obxecto, só emularía ao pintor se, como el, puidese, coas súas palabras, satisfacer o sentido da visión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.