18 de xullo de 2019

Aforismos de Leonardo

361.- O poeta entón, fortemente indignado, dixo: «Oh, rei, le, le, e percibirás algo de maior sustancia que unha muda pintura!» Pero o rei, ouvíndose reprochar a súa atención cara a cousas mudas, replicole: «Cala, oh poeta, que non sabes o que dis; esta pintura apela a un sentido máis nobre que o teu libro, que é bo para cegos. Dáme algo que poida ver e tocar, e non soamente ouvir, e non me censures porque puxen a obra túa baixo os meus cóbados mentres que sosteño a pintura con ambas as mans, fronte aos meus ollos. Elas puxéronse espontaneamente ao servizo dun sentido superior ao oído. Pois eu creo que a distancia que separa a ciencia do pintor da ciencia do poeta, é a que media entre os sentidos respectivos de que se serven.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.