17 de outubro de 2019

Aforismos de Leonardo

373.- Pero a que estenderme en tan alto e longo discurso? Que cousa existe que non se faga coa súa mediación? El move aos homes do Oriente ao Occidente, inventou a navegación, e supera á natureza nisto: que as variedades dos minerais, vexetais e animais son finitas, mentres que as obras que o ollo encomenda ás mans, son infinitas, como o demostra o pintor nas ficcións de innumerables formas de animais e herbas, plantas e sitios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario