24 de outubro de 2019

Aforismos de Leonardo

374.- Non debemos chamar a música con outro nome que o de irmá da pintura, xa que está subordinada ao oído, sentido que vén despois do da visión. Ela compón a harmonía, mediante a conxunción das súas partes proporcionais nun mesmo tempo, está obrigada a nacer nun ou en varios espazos armónicos; eses espazos circundan a proporcionalidade dos membros que compoñen, á maneira como o fai o contorno dos membros que constitúen a beleza humana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.