28 de novembro de 2019

Aforismos de Leonardo

379.- A arte que contén en si máis universalidade e variedade de cousas debe ser considerada como a de maior excelencia. A pintura ha de ser, por conseguinte, colocada á cabeza de todas as actividades artísticas. Ela contén todas as formas que existen e aínda as que non se achan na natureza. Merece máis gloria e exaltación que a música, a cal ten a voz por único dominio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario