14 de decembro de 2019

HISTORIA DA ARTE

A pintura durante a XVIII dinastía
Durante a XVIII dinastía, no período que abarca do reinado do faraón Tuthmosis I ao de Amenofis III, a pintura adquire unha soltura e riqueza expresiva extraordinaria. Non en balde a construción da necrópole da nobreza, nas proximidades de Tebas, é paralela ao costume, iniciada polos faraóns no Imperio Medio, de construír as súas moradas eternas nas profundidades do Val dos Reyes e no Val das Raíñas. Efectivamente, a proliferación de tumbas permite o desenvolvemento da pintura sobre as paredes e os teitos, revogadas con estuco, para uniformizar as irregularidades e conseguir, así, unha total adherencia do pigmento.
Nas cámaras funerarias dos nobres, a pintura convértese case nunha arte autónoma, no que se pon a proba todos os recursos acumulados pola tradición. É nestas tumbas de particulares onde se manifesta unha vontade de liberdade expresiva que reflicte o gusto polo luxo e as festas; destaca tamén a representación do corpo feminino. O contacto cos pobos asiáticos introduce, ademais, novos elementos, como o interese polo detalle e a afección polas formas máis ornamentadas.
As formas vanse estilizando e aumenta a impresión de movemento dos corpos, que son tamén máis gráciles. Na tumba de Djeserkasereneb hai unha escena que representa a unhas criadas que acicalan a unha invitada para o banquete festivo. Na composición destaca o xesto natural do corpo inclinado da serventa e a ofrenda de colares.
As cores enriquecéronse sutilmente. Xa non se estende o pigmento nunha capa plana opaca, senón que as medias tintas crean gradaciones tonales suaves, deixando paso a zonas translúcidas. O detalle invade a representación con minuciosidade descritiva en vestidos e peiteados, podéndose apreciar incluso as trenzas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.