30 de xaneiro de 2020

Aforismos de Leonardo

389.- E se me dis que a música está composta de proporcións, con estas mesmas persigo eu a miña obra pictórica, como o verás.

29 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Cuarta entrega

Polo de agora non hai ninguén que poida atendelo, así que Duchamps decide mirar ao redor. Hai bastante afluencia, sobre todo xente xove mirando en cada andel as mellores ofertas. Ao fondo da tenda dúas rapazas pelexan por unha chaqueta azul que, entende o detective, debe de ser a derradeira unidade en tenda. Mentres os respectivos mozos se esforzan por separar as raparigas, o protagonista segue mirando pola tenda para ver se hai algo interesante. Sen embargo, as esperanzas de atopar un traxe van minguando e, xusto cando estaba a piques de marchar, escoita unha voz feminina por detrás.

Ehem... Podo axudalo en algo?, di esa voz suave. O detective dáse a volta e antes de responder decide analizar de arriba abaixo a figura que ten diante. Baixiño, pouco pelo, camisa hawaiana con botóns en tensión permanente por un bandullo que busca facerse un camiño; non é o que Duchamps esperaba, e moito menos como dependente de tenda. Chámome Amans, en que podo axudalo?, repite amablemente o señor. Pois mire, estaba buscando un traxe para ir a unha festa de alto standing, non sei se me entende. Ah, pois aquí non temos dese tipo de roupa, pero déixeme mirar no almacén. Xusto hoxe trouxeron algo procedente doutra das nosas cadeas de roupa, Minimo Dabuti, para devolver á central. Se cadra temos sorte.

Amans entra no almacén. Ao outro lado da tenda, onde estaban as dúas rapazas nunha loita sen cuartel, parece que chegaron a un acordo. Unha rapaza queda coa chaqueta e a outra pode erguerse do chan e deixar de recibir máis patadas nos ovarios. Chaqueta en brazos, a rapaza vitoriosa camiña en desfile triunfal cara á saída. Duchamps, que está no seu paso, apártase por puro instinto de supervivencia. Tampouco é cousa de ser o quinto asasinado. Xa na porta de saída, salta a alarma, a rapaza empeza a gritar nerviosa  e bota a correr. O mozo dálle os cartos a Amans, que acaba de saír do almacén, e sae correndo detrás da rapaza.

 No mostrador, Amans coloca un traxe cor azul mariño. Isto é o único que lle teño. Era unha prenda de exposición, así que lla podo deixar ben barata, di o dependente. Duchamps está contento pero amosa cara de póker para poder negociar o prezo. Quédome co traxe por corenta euros, di con voz firme. O dependente responde que o prezo non é negociable, e que ten que pagar oitenta euros ou que lisque. Duchamps paga e marcha para a casa co traxe.

Continuará...

28 de xaneiro de 2020

Algúns consellos para escribir de Ernest Hemingway

Algúns consellos para escribir de Ernest Hemingway

Escribe frases breves. Comeza sempre cunha oración curta. Utiliza unha linguaxe vigorosa. Se positivo, non negativo.

A xerga que adoptes debe ser recente, ou non serve.

Evita o uso de adxectivos, especialmente os extravagantes como espléndido, grande, magnífico, suntuoso.

Ninguén que teña un certo enxeño, que senta e escriba con sinceridade acerca das cousas que desexa dicir, pode escribir mal se se aten a estas regras.

Para escribir me retrotraigo á antiga desolación do cuarto de hotel no que empecei a escribir. Dille a todo o mundo que vives nun hotel e habita noutro. Cando localícenche, múda ao campo. Cando localícenche no campo, vai a outra parte. Traballa todo o día ata que esteas tan esgotado que todo o exercicio que poidas enfrontar sexa ler os diarios. Entón come, xoga tenis, nada, ou realiza algún labor que che atonte só para manter o teu intestino en movemento, e ao día seguinte volve escribir.

Os escritores deberían traballar sós. Deberían verse só unha vez terminadas as súas obras, e aínda entón, non con demasiada frecuencia. Se non, vólvense como os escritores de New York. Como lombrigas de terra dentro dunha botella, tratando de nutrirse a partir do contacto entre eles e da botella. Ás veces a botella ten forma artística, ás veces económica, ás veces económico-relixiosa. Pero unha vez que están na botella, quedan alí. senten sós fóra da botella. Non queren sentirse sós. Dálles medo estar sós nas súas crenzas...

Ás veces, cando me resulta difícil escribir, leo os meus propios libros para levantarme o ánimo, e despois lembro que sempre me resultou difícil e ás veces case imposible escribilos.

Un escritor, se serve para algo, non describe. Inventa ou constrúe a partir do coñecemento persoal ou impersonal.

*O norteamericano Ernest Hemingway legou unha importante obra narrativa. As súas novelas máis destacadas son Por quen dobran as campás (1940), Alén do río e entre as árbores (1950), O vello e o mar (1952) e París era unha festa (1964). 

Gañou o Premio Pulitzer en 1953 e o Nobel en 1954. Suicidouse en 1961.

27 de xaneiro de 2020

26 de xaneiro de 2020

Video. Eduardo Barreiros.

Un galego facendo os mellores coches de España.
Se non sabes de quen falamos, convén que mires este video.

23 de xaneiro de 2020

Aforismos de Leonardo

388.- As palabras valen menos aínda que os feitos, e ti, escritor científico, non feixes máis que copiar con palabras da túa man o que tes na mente; como o pintor traduce nas súas imaxes os feitos que están no seu espírito.

22 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Terceira entrega.

Que interesante, di Duchamps. Polo que parece, ese exfutbolista non estaba tan limpo como cre todo o mundo. As primeiras follas falan dunha rede de amaños de partidos profesionais con máis de vinte persoas implicadas; entre elas está o presidente da federación de fútbol do país. Non deberían tardar en caer os primeiros implicados nas próximas semanas. De todos modos, non responde á pregunta de por que acabou asasinado. Estaría apunto de contar todo ás autoridades sobre os amaños? A saber.

O detective pousa o cartafol sobre a mesa e inclínase coa cadeira cara atrás. Está a pensar en sitios que visitar para obter máis información. Agora mesmo, achegarse ás oficinas da federación non é a mellor idea. Hai que evitar que comecen a sospeitar que andan detrás deles. Escoitou que dentro de dous días van celebrar unha pequena festa na mansión do actor asasinado para homenaxealo. Sería interesante achegarse por alí e facerlle preguntas á viúva. Pero antes haberá que mercar un traxe para ir sen levantar sospeitas entre os invitados.

Son as cinco da tarde e Duchamps está a pasear polas rúas da Vaillard, ollando as tendas en busca boas ofertas en traxes. Hai que vestir de etiqueta pero se o podo facer sen prenderlle lume á carteira moito mellor, pensa. Párase de súpeto diante dunha tenda. Righties chámase esta. O escaparate está cheo de ofertas, pero non hai traxes á vista. Non se perde nada por preguntar dentro. Pasa adentro e achégase ao mostrador.

Continuará...

21 de xaneiro de 2020

DEZ MANDAMENTOS PARA ESCRIBIR CON ESTILO

DEZ MANDAMENTOS PARA ESCRIBIR CON ESTILO
FRIEDRITCH NIETZSCHE

1. O que importa máis é a vida: o estilo debe vivir.

2. O estilo debe ser apropiado á túa persoa, en función dunha persoa determinada á que queres comunicar o teu pensamento.

3. Antes de tomar a pluma, hai que saber exactamente como se expresaría de viva voz o que se ten que dicir. Escribir debe ser só unha imitación.

4. O escritor está lonxe de posuír todos os medios do orador. Debe, pois, inspirarse nunha forma de discurso moi expresiva. O seu reflexo escrito parecerá de todos os xeitos moito máis apagado que o seu modelo.

5. A riqueza da vida tradúcese pola riqueza dos xestos. Hai que aprender a considerar todo como un xesto: a lonxitude e a cesura das frases, a puntuación, as respiracións; Tamén a elección das palabras, e a sucesión dos argumentos.

6. Coidado co período. Só teñen dereito a el aqueles que teñen a respiración moi larga falando. Para a maior parte, o período é tan só unha afectación.

7. O estilo debe mostrar que un cre nos seus pensamentos, non só que os pensa, senón que sente.

8. Canto máis abstracta é a verdade que se quere ensinar, máis importante é facer converxer cara a ela todos os sentidos do lector.

9. O tacto do bo prosista na elección dos seus medios consiste en aproximarse á poesía até rozala, pero sen franquear xamais o límite que a separa.

10. Non é sensato nin hábil privar ao lector das súas refutaciones máis fáciles; é moi sensato e moi hábil, pola contra, deixarlle o coidado de formular el mesmo a última palabra da nosa sabedoría.

20 de xaneiro de 2020

19 de xaneiro de 2020

17 de xaneiro de 2020

Visto nas Redes

Si no leemos, no sabemos escribir, y si no sabemos escribir, no sabemos pensar.

Unha opinión de Cultura Inquieta.

Ver mais

16 de xaneiro de 2020

Aforismos de Leonardo

387.- Se argües, oh, músico!, de mecánica a pintura, porque opera co exercicio das mans, a música tamén opera co exercicio da boca, aínda que non por conta do sentido do gusto, como o pintor cando utiliza as mans non pon en xogo o sentido do tacto.

15 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Segunda entrega

Unha señora pasea o seu cadeliño. O animal deixou un agasallo na beirarrúa e a dona non se  molesta en recollelo. Habíalle cagar no seu portal para que aprendese a señora, pensa o detective. Máis aló, están uns cativos xogando coas novas figuras de acción que recibiron no Nadal. Están correndo polo parque xogando a que están loitando contra os malos. Parece que hai unha discusión; o cativo que ten que facer de malo quéixase de que sempre lle toca a el. Argumenta que estamos nunha sociedade moderna e que os valores actuais comprenden a solidariedade, traballo en equipo e reparto equitativo da carga de traballo. Bueno, se cadra non di iso porque co cristal de por medio non escoita, pero e se fose realmente así? A cabeza de Duchamps non para coas hipoteses. Cousas de detectives.

Xa acabou de comer así que se levanta da mesa e vai pagar á barra. Saca unhas moediñas do peto e entrégallas ao garçon. Sae pola porta e alí está a señora co cadeliño, un chihuahua, deses que son metade medo e metade mala hostia. O detective non lle di nada respecto da caquiña pero dedícalle unha mirada desas que matan; así tamén entenderá a mensaxe. Acto seguido pisa a bosta. Bérralle a señora que leva un susto enorme e o chihuahua empeza a ladrar ata que se solta e lle salta á perna.

Son as 10 da mañá e xa chegou á porta da súa casa. Parece que o can deixou de perseguilo. Nunca tanto deporte na vida fixera. Xa lle volveu abrir o apetito. Dentro ten un bocata de hai tres días, malo será que estea xa podre. Entra na casa, colle o bocata – que non ten a mellor das pintas pero tampouco está fedendo – e séntase no seu escritorio. O detectiva saca a documentación dos catro asasinatos e pégalle unha dentada ao bocata mentres vai repasando as primeiras follas. Realmente non é un caso doado; as vítimas eran famosas pero todas eran queridas pola xente da cidade. Un exfutbolista, un actor de cine, unha esquiadora profesional e un empresario que era dono da maior fábrica da contorna. Nese momento decátase de que lle quedara un cartafol pendente de abrir, un que lle deron na comisaría despois do cuarto asasinato. Un pequeno regalo do xefe de policía que é amigo da infancia. Estira a man dereita e coa punta dos dedos consigue collelo. Xa aberto empeza a ler as os novos documentos.

Continuará...

11 de xaneiro de 2020

Cintos Castrexos.

Un sitio interesante en internet é o espazo de Cerámica Castrexa no Facebook.

A imaxe que acompañamos é ilustradora dun comentario sobre os cintos.

Leer mais

10 de xaneiro de 2020

Visto na rede.

Estivo casada cun coñecido escritor e nesta foto aparece lendo.

Unha coñecida diva que algúns mozos non saben quen é.

9 de xaneiro de 2020

Aforismos de Leonardo

386.- Cantas veces a pintura eterniza o simulacro dunha divina beleza, cuxo orixinal verdadeiro foi destruído en breve espazo pola morte ou o tempo! E a obra do pintor venceu a creación da natureza, a súa mestra.

8 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Primeira entrega

Vaillard é unha cidade fermosa situada ao lado dun lago de beleza equiparable. Os días son agradables, sen chegar a ser asfixiantes no verán, aínda que no inverno xa ten o seu. As súas xentes son afables pero algo reservadas. O que podes ter por seguro é que te axudarán se ven que estás necesitado.

Con esta descrición a ninguén lle pasaría pola cabeza pensar que nun día espectacular de maio, sen nubes e cunha temperatura agradable duns 22 ºC levásemos xa catro mortes neste mes. Na radio informan que as catro vítimas morreron de distinto xeito: a primeira morreu acoitelada, a segunda morreu de 3 disparos, a terceira caeu desde un quinto piso e a cuarta morreu afogada. A única coincidencia no modus operandi é a colocación dunha nota coas siglas PR ao carón dos cadáveres, di a persoa ao outro lado da radio. Todas eran persoas notables da cidade pero as investigacións non puideron determinar ningunha relación entre as vítimas. Tampouco sabemos se se trata dun asasino solitario ou dun grupo organizado”.

O detective Duchamps apaga a radio e sae da súa casa. Son as 9 da mañá e, como un ritual que leva facendo 15 anos, vai en dirección ao café Moulin d’Or. Dentro, colle un xornal na barra e séntase na súa mesa favorita. Chega o garçon que lle pregunta que vai pedir e el, xa sen levantar o ollo do xornal, pide o de sempre: café cun croissant. Está lendo as viñetas de humor porque xa ten dabondo coas novas sobre os asasinatos e este é o seu momento de descanso. Este chiste si que está ben, pensa Duchamps. Co seguinte case lle sae o leite polo nariz así que decide pousar o xornal na mesa e observar o que sucede na rúa.

Continuará...

6 de xaneiro de 2020

5 de xaneiro de 2020

4 de xaneiro de 2020

Fotos Antigas

Do Arquivo do Reino recollemos esta foto.

Si. O que ves ao fondo é a Torre de Hércules.

2 de xaneiro de 2020

Aforismos de Leonardo

385.- Pero o pintor responde e di que o corpo dunha figura, composto dos seus membros non só produce a intervalos armónicos unha sensación de pracer en quen o contempla, senón que esa agradable sensación, suxeita -cando dunha beleza musical trátase- a nacer e morrer neses intervalos, faise, na pintura, permanente por moitísimo tempo; de maneira que a obra pictórica logra conservar viva aquela harmonía de proporcionados membros cuxa duración a natureza con todos os seus recursos non sabería prolongar.

1 de xaneiro de 2020

E chega un novo ano

En 2020 faremos 10 anos de publicación ininterrumpida deste blog e imos facer algúns cambios, para animar a súa lectura. Imos potenciar os temas do patrimonio cultural e medioambiental con ligazóns a outros espazos que en internet loitan nestes campos.
A todos vos, lectores, grazas por seguirnos.