31 de maio de 2020

10 lugares que visitar en Galicia

10 lugares que visitar en Galicia.
Mala elección da música pensamos.

Que 10 lugares visitarías na nova normalidade onde podamos estar sen apreturas?

30 de maio de 2020

28 de maio de 2020

Aforismos de Leonardo

406.- O mestre que pretendese non só comprender todas as formas e efectos da natureza, senón tamén ser capaz de conservalas en si, pareceríame de verdade rico en ignorancia, xa que tales efectos son
infinitos e a nosa memoria non é bastante grande para darlles cabida.

27 de maio de 2020

Novela semanal. Vixesimoprimeira entrega.

Aínda que deixou aos investigadores atrás, non pode evitar sentir que está a ser vixiado. El apura para chegar ao punto de reunión tanto como lle permiten os semáforos e o coche.

Xa está á altura do café pero non ve nada raro. Aparca nunha rúa próxima, apaga o motor e camiña cara ao punto de reunión. Duchamps mira a través da porta de cristal do local pero non hai ninguén sentado nas mesas nin tomando algo na barra así que decide entrar. Vai á barra e pide un café e un croissant porque non comeu nada dende que espertou. El séntase no seu sitio favorito e dous minutos despois tráenlle o almorzo. A pesar de estar en perigo, non pode evitar poñer cara de felicidade ao dar a primeira dentada.

Unha man agarra o ombreiro do detective, que por pouco afoga do susto. Non se preocupe, di unha voz aguda. Son amigo do Comisario Delaville, veña comigo, este local non é seguro para falar. O detective dáse a volta e recoñece ao momento esa figura inesquecible. Diante del está Amans, aínda que desta vez leva roupa un pouco máis discreta. Contra a súa vontade, Duchamps vese obrigado a abandonar o seu almorzo ao tempo que unha bágoa esvara pola súa meixela.

Continuará...

26 de maio de 2020

LOS ESTUPIDOS MAS LOCALIZABLES

En los días que corren solo hay una ventaja clara; se puede ver mejor a los estúpidos, incluso desde lejos. Simplemente no llevan mascarilla. Evidentemente pasarán por estúpidos alguno que no lo son y obviamente también hay estúpidos con mascarilla. Pero ha venido a simplificar la cosa, al darlos una indicación que podemos contrastar con otras.
Dos consideraciones a mayores, parece por lo que se ve en televisión que la estupidez es más frecuente en los barrios proclives a manifestarse; los populares y los de los ricos. La imbecilidad es democrática y no sabe de clases sociales pero parece tener predilección por los extremos.
La otra idea es que además podemos encontrar sin mascarilla a un tipo que nos indica que no puede llevar mascarilla porque se ahoga (uno de los casos aceptables para no llevarla) pero mientras explica esto va fumando.
Otras generaciones que no han vivido esta situación probablemente no gozaron nunca de una herramienta tan sencilla para determinar estupidez de un vistazo.

25 de maio de 2020

Vocabulario médico

achacoso –a 




adx. Que sofre achaques con frecuencia, propio das persoas de idade.

22 de maio de 2020

TORNEO XXI ANIVERSARIO DE XADREZ ONLINE

Nestes días nunha situación normal estaríamos anunciando o noso tradicional torneo de primavera e o torneo aniversario que se celebra o venres anterior. Lamentablemente aínda non podemos dicir se celebraremos o torneo e en que condicións.

Unha das fórmulas que barallamos é disputar as partidas a través de aplicacións en internet, cada participante co seu móbil, pero todos xuntos no local habitual deste torneo.

Pero como ben sabedes os Centros Comerciais permanecen pechados, e será a partir do día 2 de xuño que podamos barallar fórmulas para a súa celebración.

Pero como a nosa primeira proba en internet, presentamos hoxe o torneo sub12 do XXXI Aniversario.

Nome do Torneo: TORNEO XXXI ANIVERSARIO SUB12 ONLINE

Data: Sábados 23 e 30 de maio de 2020.

Lugar: Plataforma de xogo Lichess.org.

Hora de inicio: 12,00.

Hora de finalización: 13,30.

Sistema de xogo: Arena.

Ritmo de xogo: 5 minutos con 2 segundos de incremento.

Categorías: Única; Sub12.
Nados en 2008 ou seguintes.

Premios:

Trofeo para o primeiro clasificado.
Os cinco primeiros de cada día entran dentro do Circuito Atlántico, do que podes ver as bases no blog xadrezatlantico.blogspot.com.

Inscricións: Abertas ata o inicio de cada unha das probas.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA A INSCRICION (ESTA TAMEN A CLAVE PARA OS TORNEOS)

PREME PARA O TORNEO DO DIA 23

PREME PARA O TORNEO DO DIA 30

21 de maio de 2020

Aforismos de Leonardo

405.- Se ti desprezas a pintura, imitadora de todas as obras visibles da natureza, desprezas nela un sutil invento que, con filosófica e sutil especulación, considera, todas as calidades das formas, ambientes, sitios, plantas, animais, herbas e flores, envolvidas en sombra e luz. E verdadeiramente esta ciencia da pintura é filla lexítima da natureza, porque a procrea a natureza. Ou, para falar con máis corrección, é neta da natureza; porque todas as cousas visibles foron procreadas pola natureza, e delas naceu a pintura. Podémola, pois, chamar, con exactitude, neta da natureza e parienta de Deus.

20 de maio de 2020

Novela Semanal. Vixésima entrega.


Duchamps está sorprendido pola chamada pero fai o posible para que non o noten os visitantes. De acordo, contesta, pero quero que me devolvan os cartos! Que dis? Pregunta a voz do teléfono. Ah, vale, entendo. Cando marchen vai ao café Moulin d’Or, canto antes. O detective colga o teléfono. Un dos investigadores toma a palabra. Quen era o que chamaba? A chamada? Era da pizzería para avisarme de que non me poderían entregar a pizza de ananás. Dálle unha arcada ao investigador. O seu compañeiro non queda moi convencido pola explicación. Unha pizza? Pide unha pizza despois do que ocorreu onte? Bueno, que problema hai? Cando o bandullo chama hai que responder. Duchamps nota a man do investigador que se vai movendo cara a un dos petos da súa chaqueta. Antes de darlle a oportunidade, o detective saca a súa pistola do caixón da súa mesa e apunta aos investigadores. Levantan as mans ao ceo cos ollos fixados no canón da pistola como se estivesen hipnotizados. Se non lles importa, serei eu o que faga as preguntas a partir de agora. Para quen traballan? Xa llo dixemos, somos do Corpo de Investigación Central. Pregunta Duchamps á vez que estira o brazo para sacar unha pistola con silenciador no peto interno do investigador. Fai o mesmo co outro pero este non ten nada. Por que lles mandaron vir aquí a matarme? O único que nos dixeron era que vostede era perigoso e que había que detelo no caso de que fose posible. Duchamps non queda moi convencido. Por favor, voulles ter que pedir que abandonen o meu despacho, di finalmente o detective.

Mándalles levantarse e saír pola porta. Despois da pechar con chave saen á rúa. Duchamps queda parado un momento. Está tentando lembrar onde deixou aparcado o coche. Ten tantas cousas na cabeza que se lle escapan cousas. Por aquí, di Duchamps. Os dous investigadores avanzan seguido as súas indicacións. Dous minutos despois están xunto ao Peugeot. Pasen por aquí, di sinalando o calello escuro. Avanzan ata chegar a un contedor e o detective mándalles poñerse contra a parede. Por favor, non nos mate, suplica o dos homes. Sen facerlle caso, Duchamps asesta un culatazo a cada un, que nos deixa inconscientes no chan. Con moito esforzo, consigue levantalos e tiralos ao contedor. Baixa a tapa e volve ao coche.


Continuará...

19 de maio de 2020

Y la estupidez se hace crónica

Vemos a manifestantes de un extremos y otro sin las mínimas precauciones, sin guardar distancia y uno tiene claro que somos un pais de idiotas. De idiotas profundos. Y cuando se tiene la suerte de tener amigos de otros países europeos, no los tipicos que han emigrado o la familia, si no ciudadanos de otros países europeos ves que su imagen de España se va deteriorando más y más.
Una pandemia mundial, pero nos manifestamos pidiendo una libertad igual que si fuesemos analfabetos guncionales en ciencia, o contra esos otros demostrando la misma estupidez.
Todavía falta para superar la crisis sanitaria, pero está claro que quizás no seamos el país pero gestionado, ni el de más muertos en relación a sus habitantes.
Lo que sin duda sabemos es que estarmeos en los primeros puestos de incompetencia y estupidez ciudadana.

18 de maio de 2020

XXXI ANIVERSARIO

Hoxe cumprimos 31 anos. Case nada. Cando nacimos parecían que institucións como o Museo Galego de Arte Contemporánea - Carlos Maside tiñan unha sólida traxectoria. Pasado o tempo vemos que só nos levan 19 anos, e moitos deles pechado. Este vai ser o noso proxecto para 2020 o patrimonio cultural e nomeadamente intentar salvar todo o que significa este museo. Dende hoxe mesmo poñémonos con esta tarefa, Queres colaborar?

16 de maio de 2020

Foto de patrimonio

Algúns seguro que teñen problemas para identificar de xeito inmediato esta foto.
Afortundamente teñen o edificio da esquerda ao lado.

13 de maio de 2020

Novela semanal. Decimonovena entrega.

Os dous individuos cruzan o limiar da porta situándose no medio do despacho. Séntense, por favor, indica Duchamps sinalando dúas cadeiras ao tempo que pecha a porta. Díganme, que desexan saber de min? Pregunta rodeando a mesa para sentarse fronte aos investigadores. Un deles aclara a gorxa e comeza a falar. Como lle comentabamos, estamos aquí para tratar sobre a morte do Comisario Delaville. Polo que parece estivo vostede onte na comisaría, poucos minutos antes do tiroteo que aconteceu alí. Queríamos saber o que falou co comisario. Bueno, contesta o detective, o comisario e mais eu estabamos detrás duns casos que estaban relacionados entre eles por unha simple tarxeta coas letras PR. Eu mesmo estiven presente cando asasinaron a outra persoa na mansión do actor. Si, ese asunto xa o sabemos porque o goberno central ten acceso á información dos casos pero nós preguntámoslle acerca do que falou na comisaría, contesta impaciente o outro home. Non se preocupen señores, temos moito tempo para falar, di Duchamps un pouco confuso. Desexan algo de beber? Pregunta, aínda que el xa se levantou para ir ao moble e sacar unha botella de whisky que tiña gardada para momentos de soidade. Contestan que non así que colle un só vaso. Volve sentarse e sirve un pouco de whiskey para tomar un grolo pequeno. Ring ring. Sona o seu teléfono. Duchamps mira para el e despois para os investigadores. Colle o teléfono para contestar a chamada. Duchamps! Escóitaselle a unha voz berrar. Non te fíes deses homes!

Continuará...

12 de maio de 2020

IDIOCRACIA 2.0

Pasada una semana, con la llegada parcial del desconfinamiento lejos de pensar mejor de la gente, pienso mucho peor. En la parte política tengo claro que solo un pais/comunidad/estado de descerebrados puede permitir la dimisión de una responsable de sanidad que pretende proteger a los ciudadanos porque se le intenta hacer firmar una propuesta (pasar de fase) que no considera técnicamente viable.

El hecho de que esa mujer se haya ido para casa y no la impresentable de su jefa, incapaz de salir de un discurso populista sin datos técnicos, da una idea de en que manos estamos.

Por otro lado a segundo día de desconfinamiento me hace pensar viendo las imagenes de televisión de los alegres ciudadanos olvidando los casi 30.000 muertos, que hay más tontos de los que decian los romanos (stultorum infinitus est numerus).

10 de maio de 2020

PASAMENTO DO MUSICÓLOGO DON JOSÉ LÓPEZ CALO

FALECE O PADRE CALO

A Real Academia Galega de Belas Artes quere dalgún xeito expresar o seu mais fondo pesar polo pasamento, hoxe día 10 de maio, dun dos membros máis activos e sobranceiros desta centenaria corporación, o Reverendo Padre D. José López Calo, a quen se honrou ademáis de numerario, como Académico de Honra.

O Padre Calo, como era coñecido entre os seus alumnos, amigos e compañeiros, na longa historia da música galega e mesmo española é un dos seus máis e mellores musicólogos,recoñecido internacionalmente, estudoso dos fondos musicais catedralicios, defensor das músicas tradicionais e dentro delas da música coral, entre as que Galicia ofrece unha inmellorable e variada mostra.

Mais info

9 de maio de 2020

A Coruña

Non hai tanto tempo tiña esta pinta o Cantón Grande, antes da chegada das diversas fundacións.

8 de maio de 2020

7 de maio de 2020

Aforismos de Leonardo

403.- Todas estas cousas e outras de semellante utilidade e bondade, han de ser usados polo home que place chamarse un bo pintor.

6 de maio de 2020

Novela semanal. Decimooitava entrega.

Pasaron dúas horas dende a chamada ao comisario. Duchamps mira cada pouco pola fiestra en busca dalgunha silueta sospeitosa. A rúa parece tranquila pois xa son as once da noite e a xente xa volveu á súa casa horas antes. El aínda está pensando en como actuar. A quen acudir? Será seguro ir á comisaría para ver se houbo algún supervivente? Sexa como for, agora é moi perigoso saír así que o detective decide pasar a noite no seu despacho. Diríxese a un armario e saca del unha manta que levaba gardada non se sabe canto tempo. Despois de sacudila un par de veces, colócaa no chan e déitase. A combinación do esforzo físico desde día coa conmoción dos ataques consigue que queda durmido en canto pecha os ollos.

Óuvense dous golpes na porta. Duchamps aínda está deitado no chan coa baba caéndolle na manta. Tras o terceiro golpe a súa mente vólvese máis clara, recordando os acontecementos do día anterior. Non bebeu nada de alcohol pero dóelle a cabeza como se fose o caso. Ponse en pé de xeito silencioso e vaise achegando á porta evitando situarse fronte a ela. Coloca a orella tan preto como pode para escoitar calquera ruído. Dan outros dous golpes na porta. Señor Duchamps? Somos do Corpo de Investigación Central. Estamos aquí para facerlle unhas preguntas sobre a morte do Comisario desta cidade. Encóllese o corazón de Duchamps. Tiña o presentimento pero escoitalo faino definitivo. Que queren de min? Pregunta o detective. Simplemente queremos facerlle unhas preguntas porque temos coñecemento da súa presencia na comisaría momentos antes do ataque, responden do outro lado da porta. Cun xesto rápido, Duchamps alcanza a mira da porta para observar aos individuos e coa mesma rapidez colócase fóra de alcance. Polo que puido ver son dous señores en uniforme oficial do CIC e non tiñan ningunha arma á vista. Se fixese falta, Duchamps ten o seu revólver agochado nun caixón da súa mesa así que abre a porta e deixa pasar aos investigadores.

Continuará...

5 de maio de 2020

IDIOCRACIA 2.0

Aguardo que los lectores de este blog hayan visto la genial pregunta idiocracia. Sentirse dentro de la misma es natural con los tiempos que corren. En USA y mundo anglosajón se ha popularizado el término Karen para definir a la persona que habla de todo sin vergüenza de demostrar su estupidez en públcio. En España generalmente los llamaríamos cuñados.

El creciente número de "cuñados", ignorantes que critican decisiones médicas o científicas sin tener idea de ciencia (ni de nada) es preocupante en una situación así, en la que vemos como auténticos analfabetos funcionales se atreven a discutir decisiones de las que no tienen ni idea.

Al parecer ser epidemiólogo es el pasatiempo de todos los que antes se dedicaban a hablar de fútbol (sin tener tampoco ni idea)

2 de maio de 2020

Remedios contra a Peste

Ao longo da historia existiron moitos xeitos de intentar evitar os estragos da Peste. Na Galicia un dos santos mais populares foi San Rosendo, que sufriu esta enfermidade e a quen se lle pedía axuda para a mesma.
Cerquiña temos en Oviedo o documentado uso das campás tamén para este fin.