21 de maio de 2020

Aforismos de Leonardo

405.- Se ti desprezas a pintura, imitadora de todas as obras visibles da natureza, desprezas nela un sutil invento que, con filosófica e sutil especulación, considera, todas as calidades das formas, ambientes, sitios, plantas, animais, herbas e flores, envolvidas en sombra e luz. E verdadeiramente esta ciencia da pintura é filla lexítima da natureza, porque a procrea a natureza. Ou, para falar con máis corrección, é neta da natureza; porque todas as cousas visibles foron procreadas pola natureza, e delas naceu a pintura. Podémola, pois, chamar, con exactitude, neta da natureza e parienta de Deus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario