22 de maio de 2020

TORNEO XXI ANIVERSARIO DE XADREZ ONLINE

Nestes días nunha situación normal estaríamos anunciando o noso tradicional torneo de primavera e o torneo aniversario que se celebra o venres anterior. Lamentablemente aínda non podemos dicir se celebraremos o torneo e en que condicións.

Unha das fórmulas que barallamos é disputar as partidas a través de aplicacións en internet, cada participante co seu móbil, pero todos xuntos no local habitual deste torneo.

Pero como ben sabedes os Centros Comerciais permanecen pechados, e será a partir do día 2 de xuño que podamos barallar fórmulas para a súa celebración.

Pero como a nosa primeira proba en internet, presentamos hoxe o torneo sub12 do XXXI Aniversario.

Nome do Torneo: TORNEO XXXI ANIVERSARIO SUB12 ONLINE

Data: Sábados 23 e 30 de maio de 2020.

Lugar: Plataforma de xogo Lichess.org.

Hora de inicio: 12,00.

Hora de finalización: 13,30.

Sistema de xogo: Arena.

Ritmo de xogo: 5 minutos con 2 segundos de incremento.

Categorías: Única; Sub12.
Nados en 2008 ou seguintes.

Premios:

Trofeo para o primeiro clasificado.
Os cinco primeiros de cada día entran dentro do Circuito Atlántico, do que podes ver as bases no blog xadrezatlantico.blogspot.com.

Inscricións: Abertas ata o inicio de cada unha das probas.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA A INSCRICION (ESTA TAMEN A CLAVE PARA OS TORNEOS)

PREME PARA O TORNEO DO DIA 23

PREME PARA O TORNEO DO DIA 30

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.