11 de xuño de 2020

Aforismos de Leonardo

408.- Por estas e outras razóns que poderían dicirse, debes ante todo atender a que o teu debuxo dea ao ollo en forma demostrativa a intención e a invención elaborada primeiro pola súa facultade imaxinativa: agrega ou quita despois o necesario até quedar satisfeito da túa obra; dispón daquela as figuras de homes vestidos ou espidos, da maneira que che propuxeches facer efectiva, sometendo á perspectiva as magnitudes e medidas, para que ningún detalle do teu traballo resulte contrario ao que aconsellan a razón e os efectos naturais. Por ese camiño é como chegarás a conquistar honra na túa arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario