18 de xuño de 2020

Aforismos de Leonardo

409.- Ben sabemos que os erros se descobren máis facilmente nas obras alleas que nas propias, e que reprendemos con frecuencia os pequenos erros que outros cometen, mentres ignoramos os nosos por grandes que sexan. Para evitar esta ignorancia, empeza por ser hábil na perspectiva, e por coñecer a fondo as dimensións do home e outros animais. Trata de ser bo arquitecto, en canto concierne a forma dos edificios, estudando tamén outros obxectos que se ofrecen á túa vista e cuxa variedade é infinita. E así, canto máis de tales nocións vaias adquirindo, máis laudable será a túa obra. Se algún daqueles obxectos preséntaseche por vez primeira, non deixes de retratalo do natural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario