25 de xuño de 2020

Aforismos de Leonardo

410.- Nunca debemos recusar, cando pintamos, o xuízo de cada un; porque é claro que aínda os que non son pintores coñecen e poden xulgar a forma doutro home e ver se é amolado, ou se ten un ombreiro, máis alto que o outro, ou unha boca ou nariz desproporcionado, ou outros defectos. E se habemos de recoñecer nos demais capacidade suficiente para opinar, sen equivocarse, das obras da natureza, con canta máis razón habemos de confesar que eles tamén poden condenar os nosos erros. Sabendo como nos enganamos na apreciación das nosas obras, consideremos as faltas que outros cometen nas súas, e sírvannos esas faltas alleas de exemplo para o noso proveito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario