30 de agosto de 2020

Ana Peleteiro

Ana Peleteiro e o galego no Land Rober.

Españoles hai moitos pero galegos non tantos.

Crack!

27 de agosto de 2020

Aforismos de Leonardo

419.- Os homes e as palabras son feitos. O pintor que non sabe utilizar as figuras que representan aos primeiros, é como o orador que non sabe empregar ben as segundas. 

26 de agosto de 2020

Novela semanal. 23ª entrega

Xa levan vinte minutos na autoestrada en dirección leste cando Amans lle pide a Duchamps que apague o seu teléfono móbil. Non quero que te rastrexen ata o lugar de destino, di cun ton serio. O detective fai o que lle indique o condutor e, ipso facto, este colle a primeiro cambio de sentido dirección a Vaillard.

Chegan a un chalé situado nas aforas da cidade. É unha casa ben feitiña situado dentro dunha zona arbórea que proporciona privacidade pero cun xardín propio bastante amplo para desfrutar do ceo azul. Entran no garaxe co Lamborghini e Duchamps sae do coche para estirar ben o corpo e espertar os músculos que lle quedaron durmidos.

Do garaxe pasan ao salón da casa. Tes wifi aquí? Necesito mirar como quedaron os partidos da NBA, di o detective. Non, non quero que me poidan localizar, contesta Amans. Se queres mirar iso acende o móbil cando marchemos. Icindi i míbil quindi mirchimos... repite Duchamps. Non teño conexión a internet no móbil, pensas que son millonario? Amans suspira e indica coa man ao detective para que se sente no sofá. Vouche comentar como queda a situación despois de todo o que pasou estes días.

 

Continuará...

24 de agosto de 2020

22 de agosto de 2020

Bradbury

A bo fin, non hai mal principio.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012.

20 de agosto de 2020

Aforismos de Leonardo

418.- Pero ti, pintor, que non gozas dun parecido ordenamento, non despreces o estudo, como fan os ávidos de ganancia; e evita a crítica dos entendidos, compracéndoche en sacar da natureza todas
as túas representacións. 

13 de agosto de 2020

Aforismos de Leonardo

417.- Cada ramo e cada froito nace por mor da súa folla, a cal lles fai as veces de nai, ofrecéndolles a auga das choivas e a humidade do rocío que cae de noite, e moitas veces abrígaos da calor excesiva dos raios solares. 

6 de agosto de 2020

Aforismos de Leonardo

416.- E se ti recoñeces que o espello, por medio dos lineamientos e as sombras e as luces, faiche aparecer as cousas destacándose, ti, que tes entre as túas cores as sombras e as luces máis potentes que as do espello, certamente, se sabes combinalos ben, conseguirás que a túa pintura pareza tamén unha cousa natural, vista nun gran espello. 

2 de agosto de 2020