26 de agosto de 2020

Novela semanal. 23ª entrega

Xa levan vinte minutos na autoestrada en dirección leste cando Amans lle pide a Duchamps que apague o seu teléfono móbil. Non quero que te rastrexen ata o lugar de destino, di cun ton serio. O detective fai o que lle indique o condutor e, ipso facto, este colle a primeiro cambio de sentido dirección a Vaillard.

Chegan a un chalé situado nas aforas da cidade. É unha casa ben feitiña situado dentro dunha zona arbórea que proporciona privacidade pero cun xardín propio bastante amplo para desfrutar do ceo azul. Entran no garaxe co Lamborghini e Duchamps sae do coche para estirar ben o corpo e espertar os músculos que lle quedaron durmidos.

Do garaxe pasan ao salón da casa. Tes wifi aquí? Necesito mirar como quedaron os partidos da NBA, di o detective. Non, non quero que me poidan localizar, contesta Amans. Se queres mirar iso acende o móbil cando marchemos. Icindi i míbil quindi mirchimos... repite Duchamps. Non teño conexión a internet no móbil, pensas que son millonario? Amans suspira e indica coa man ao detective para que se sente no sofá. Vouche comentar como queda a situación despois de todo o que pasou estes días.

 

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario