O PAIS | Opinión - 23-01-2002
Instalados no día seguinte dos atentados de Nova York e Washington, entramos no 2002 coma se fose un ano apéndice do anterior, a maneira de prolongación da Operación Liberdade Duradeira coa que o Goberno norteamericano maquillou unha guerra sucia, de momento contra os talibán; pero a tiro quedan outros potenciais núcleos de terrorismo internacional como Somalia, Iemen e, está claro, Iraq. Evidentemente, Nova York non se merecía aquela agresión, nin os executados polo lume e os derrubamentos fixeran nada para merecer un final tan atroz e retransmitido en directo. Aqueles panos axitados nas xanelas dos rañaceos dicían adeus a toda esperanza e os defenestrados que preferían estrelarse contra o asfalto a morrer queimados eran mensaxes viventes de que a vida é unha excepción que nin confirma nin deixa de confirmar regra algunha, como xa sospeitaba Carmen Martín Gaite e púxoo por escrito.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.