18 de outubro de 2020

Inicio de REINE MARIA RILKE - A CRIADA DA SEÑORA BLAHA

REINE MARIA RILKE - A CRIADA DA SEÑORA BLAHA

Cada verán, a señora Blaha, casada cun pequeno funcionario do ferrocarril de Turnau, Wenzel Blaha, viaxaba por varias semanas ao seu lugar de nacemento. 


Esta aldea, pobre e insignificante, áchase na chaira e pantanosa Bohemia, preto de Nimburg. Cando a señora Blaha, que agora xa se sentía persoa de cidade, viu de novo as míseras casuchas, considerou que podía facer unha boa obra. Entrou na vivenda dunha campesiña coñecida, da que sabía tiña unha filla, e propúxolle levar á moza como criada. Pagaríalle un modesto salario e, ademais, a moza tería a vantaxe de estar na cidade e aprender unas cantas cousas. (En realidade, nin a propia señora Blaha sabía que podería aprender.) A campesiña falou do asunto co seu marido, que parpadeaba continuamente e, de momento, limitouse a cuspir ao chan. Pero ao cabo de media hora volveu á habitación e preguntou:

- E xa sabe a señora que Anna é...?

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario