31 de decembro de 2020

Aforismos de Leonardo

437.- De modo, pois, que a pintura de cobre é susceptible, polos seus métodos, de agregados ou reducións, como a escultura en bronce, a cal admite igualmente uns e outras no modelo de cera provisorio. Se esta escultura de bronce é eterna, a pintura de cobre ou de vidro é eternísima; se o bronce queda negro e feo, a pintura móstrase chea de diversos e lindas cores de infinita variedade. E se quixeses soamente referirche, como antes, á pintura sobre madeira, eu daría nestes termos a miña sentenza: -Así como a pintura é máis bela e de máis fantasía e máis copiosa, a escultura é máis durable; pero ningunha outra cousa ten ao seu favor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario