25 de novembro de 2010

Consellos para escribir (e III)

7º- Usa adxectivos e adverbios con moderación:

A partir dunha falsa idea de que o literario é o recargado, barroco e rechamante, téndese a tratar de imitar cunha linguaxe que soa a “Literario“ aos grandes autores. Evita tamén, sempre que sexa posible, a anteposición de adxectivos aos substantivos.

8º- Escribe con palabras sinxelas:

Para contar ben unha historia non é preciso acudir a palabras inusuais nin altisonantes, se non á naturalidade. Pregúnta: Falan os personaxes da vida real como lles fas falar a túa aos teus personaxes dentro do texto?

9º- Usa substantivos concretos:

Non se trata de facer teses filosóficas sobre a sociedade, a guerra, ou o amor, senón de contar historias imaxinarias pero concretas, empezando polos nomes propios dos personaxes, locais, rúas e cidades. En lugar de árbore, escribe piñeiro ou bidueiro. No canto de coche escribe a marca e modelo.

10º- Fai que a túa historia teña detalles e movemento:

Un conto case sempre debe “Contar algo” (Unha historia, un conflito, unha escena, un suceso). Fai que ocorran “cousas” (Non necesariamente traxedias), e que os seus personaxes se movan e fagan xestos. Describe usando todos os sentidos (Vista, oído, olfacto...). Nos detalles pequenos, visuais e tanxibles está moitas veces a maxia dunha escena ben descrita que atrapa aos lectores.

11º- Revisa todo cando termines:

Corrixe, modifica, tacha o innecesario, engade detalles e unifica o texto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.