11 de novembro de 2010

Consellos para escribir (I)

Á hora de escribir un texto de creación literaria, trata de seguir este once consellos:

1º- Antes de escribir, planifica minimamente o teu traballo:

Pensa antes cal é a historia que vas contar, os personaxes principais da túa narración e os sucesos mais importantes. Poida que mesmo ti xa saibas o final antes de escribir a primeira frase; iso non é malo.

2º- Unha vez que empezos a escribir non te pares:

Mantén as mans en movemento. Escribe e escribe contando a historia con detalles. (Irán aparecendo a medida que escribas). Mentres escribas, non te preocupes da puntuación nin da ortografía nin da sintaxe. Iso telo que corrixir ao final, cando xa terminases o teu relato, non mentres escribes.

3º- Mantén de principio a fin o mesmo punto de vista do narrador:

Non saltes da primeira á terceira persoa, e viceversa, en metade da historia.
Tes que ser capaz de manter un mesmo narrador de principio a fin do teu relato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.