24 de decembro de 2010

Noiteboa

As festas do nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas coa celebración do solsticio de inverno sobre a que houbo unha superposición relixiosa.
Noiteboa.
Na noite do 24 de decembro celébrase o nacemento de Xesús. Na cea era costume servir un prato máis na mesa para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración, para os que tamén se deixaba a lareira acesa.
En Verín deixábaselles cera e leite; Risco sinalaba que en Xinzo de Limia debía quedarse na casa o cabeza de familia para recibi-las ánimas. Deste xeito, os membros da familia no alén podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían. Risco tamén relaciona este acto de reservar un sitio e cubertos na mesa como símbolo da pousada que se lle dá á Virxe, pousada que se lle negara en Belén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.