28 de xaneiro de 2011

28 de xaneiro. Día de Santo Tomás.

Tomás de Aquino, en italiano Tommaso D'Aquino, (nacido en Roccasecca (Lacio) ou Belcastro (Calabria), Italia, a finais de 1224 ou inicios de 1225 e morto na Abadía de Fossanuova, na actual Provincia de Latina, 7 de marzo de 1274), foi un teólogo e filósofo católico pertencente á Orde de Predicadores, (Dominicos) e é o principal representante da tradición escolástica, e fundador da escola tomista de teoloxía e filosofía.
É coñecido tamén como Doutor Angélico ou Doutor Común, e é considerado santo pola Igrexa católica. O seu traballo máis coñecido é a Suma Teolóxica, tratado no cal pretende expor de modo ordenado a doutrina católica. Canonizado en 1323, foi declarado Doutor da Igrexa en 1567 e santo patrón das universidades e centros de estudo católicos en 1880. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.