21 de xaneiro de 2011

Romance galego, o gato do señor cura

Dei de comer ós boicinos e marchei para a labrada,
al dar o primeiro rego esqueacérame a aguillada;
entrepuxen os meus bois, dei volta por ela a casa.
Mais cando cheguei a ela, topei a porta cerrada.
-Ábreme a porta, Marica, ábreme a porta, malvada.
-Eu a porta non che abro que che estou moi ocupada.
Dei a volta pola eira, por donde eu acostumbraba,
e topei a Mariquiña atando a súa saia.
-¿Que é aquela cousa roxa que está debaixo da cama?
-O gato do señor cura que anda coa nosa gata.
-Eu nunca vin gato roxo ter na cabeza unha calva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.