20 de marzo de 2011

A Fundación Barrié dixitaliza os fondos da Real Sociedade de Amigos do País

Os fondos da Real Sociedade Económica de Amigos do País, unha das asociacións máis antigas do noso país, están en proceso de dixitalización. O arquivo desta entidade, nada a finais do século XVIII en Compostela, comprenden máis de 162.000 documentos dos séculos XIX e XX e agora serán accesibles en formato dixital na rede da man da Fundación Barrié, que investiu 100.000 neste proceso no marco do seu programa Patrimonio Vivo. Dentro do material que se conserva destacan os diferentes informes que elaboraron os membros da Sociedade sobre cuestións como a pesca, a agricultura ou a emigración, así como documentos sobre a implantación do ferrocarril en Galicia ou as publicacións Revista Económica e El Centenario editadas por esta entidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.