23 de abril de 2011

Día mundial do libro e do dereito de autor - 23 de abril

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.