2 de xullo de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXIX).

Cara á unha da mañá sentíame xa totalmente extenuado, cos membros ríxidos polo efecto dunhas violentas cambras. Conseil tivo que sosterme, e a partires dese momento a nosa conservación pesou exclusivamente sobre el. Pronto ouvín xadear ao pobre raparigo. A súa respiración tornouse curta e rápida, e iso fíxome comprender que non podería resistir xa moito máis tempo.
-Déixame! Déixame! -díxenlle.
-Abandonar ao señor! Nunca! Antes afogareime eu. Afogareime antes que el.
A lúa apareceu naquel momento, entre os bordos dunha espesa nube que o vento levaba cara ao Leste. A superficie do mar rieló baixo os seus raios. A benfeitora luz reanimou as nosas forzas. Puiden levantar a cabeza e escrutar o horizonte. Vin a fragata, a un cinco millas de nós, como unha masa escura, apenas reconocible. Pero non había nin un bote á vista.
Quixen gritar. -Para que, a tal distancia! Os meus beizos inchados non deixaron pasar ningún son.
Conseil puido articular algunhas palabras, e gritar repetidas veces:
-Socorro! Socorro!
Suspendidos por un instante os nosos movementos, escoitamos. E quizá fose un deses zumbidos que no oído produce o sangue conxestionado, pero pareceume que un berro respondera ao de Conseil.
-Ouviches? -murmurei.
-Si! Si!
E Conseil lanzou ao espazo outra chamada desesperada.
Xa non había erro posible. Unha voz humana estaba a responder á nosa! Era a voz dalgún infortunado abandonado no medio do océano, a doutra vítima do choque sufrido polo navío? Ou proviña esa voz dun bote da fragata, chamándonos na escuridade?
Conseil fixo un supremo esforzo e, apoiándose no meu ombreiro, mentres eu extraía forzas dunha última convulsión, ergueu medio corpo fose da auga sobre a que caeu deseguido, esgotado.
-Viches algo?
-Vin... -murmurou-, vin .... pero non falemos..., conservemos todas as nosas forzas ...
Que podía ver? Entón, non se como nin por que, asaltoume por vez primeira o recordo do monstro. Pero e esa voz ... ? Nestes tempos os Xonás non se refuxian xa no ventre das baleas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.