9 de xullo de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXX).

Conseil comezou a remolcarme. De cando en vez levantaba a cabeza, miraba ante si e profería un berro de recoñecemento ao que respondía a voz, cada vez máis próxima. Eu apenas podía ouvila, chegado xa ao límite das miñas forzas. Notaba como se me ían separando os dedos; as miñas mans non me obedecían xa e negábanme un punto de apoio; a boca, aberta convulsivamente, enchíase de auga; o frío invadíame até os ósos. Levantei a cabeza por última vez e afundinme... Nese instante, choquei cun corpo duro, e agarreime a el. Sentín como me retiraban e sacábanme á superficie. Os meus pulmóns desconxestionáronse, e desvanecinme...
Pronto volvín en min, grazas a unhas vigorosas friccións que percorreron o meu corpo. Entreabrín os ollos.
-Conseil! -murmurei.
-Chamaba o señor? -dixo Conseil.
Á débil luz do luar que descendía polo horizonte vin unha figura que non era a de Conseil e que recoñecín deseguido.
-Ned! -exclamei.
-En persoa, señor, o mesmo, que vai correndo tras da curmá gañada -respondeu o canadense.
-Tamén lle precipitou ao mar o choque da fragata?
-Si, señor profesor, pero máis afortunado que vostede, puiden tomar pé case inmediatamente sobre un illote flotante.
-Un illote?
-Ou, por dicilo con máis propiedade, sobre o seu narval xigantesco.
-Explíquese, Ned.
-Só que pronto puiden comprender por que o meu arpón non lle feriu e se estrelou na súa pel.
-Porqué, Ned, porqué?
-Porque esta besta, señor profesor, está feita de aceiro.
Debo aquí facer provisión das miñas impresións,*revivificar os meus recordos e controlar as miñas propias asercións.
As últimas palabras do canadense deran un envorco ao meu cerebro. Rapidamente iceime até a cima do ser ou do obxecto semisumerxido que nos servía de refuxio e golpeeina co pé. Era evidentemente un corpo duro, impenetrable, e non a sustancia branda que forma a masa dos grandes
mamíferos mariños. Pero ese corpo duro podía ser un caparazón óseo semellante ao dos animais antediluviáns, que me permitiría clasificar ao monstro entre os réptiles anfibios, tales como as tartarugas e os aligátores.
Pois ben, non. O lombo negruzco que me soportaba era liso, bruñido, sen imbricacións. Respondía os golpes cunha sonoridade metálica, e, por incrible que fóra, parecía estar feito, que digo, estaba feito con ferros atornillados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.