19 de xullo de 2011

Novela negra a bordo do 'Prestige'

O escritor cubano Manuel Sánchez recrea a catástrofe do petroleiro

A catástrofe do Prestige fixo correr ríos de tinta pero aínda que haxa libros de ficción que poidan tocar tanxencialmente a materia até agora ninguén se atreveu a desenvolver unha novela negra a bordo do propio petroleiro. Manuel Sánchez Dalama, un cubano descendente de galegos que reside en Vigo desde hai 11 anos, foi o primeiro en facelo. A súa novela A mancha negra publicouse fai un par de meses, despois de gañar o premio Ciudad de Badajoz en 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.