7 de agosto de 2011

Xornal de Galicia fechou a súa edición en papel

O catro de agosto foi o último día no que Xornal de Galicia editouse como medio impreso. A partir desta data, a cabeceira voltou a ser un medio exclusivamente dixital. Segundo anunciou a empresa, o proxecto pretende continuar o seu traballo na rede e gañar lectores e influencia. Os problemas económicos que arrastraba, canda a falta de apoios institucionais ao proxecto motivaron, segundo os responsables do medio, esta decisión. Colectivos como a Mesa pola Normalización, o BNG, ou o Colexio de Xornalistas xa expresaron publicamente o seu pesar por esta desaparición e sinalaron a situación de crise na que se atopan os medios galegos. En pouco máis dun ano desapareceron no noso país as cabeceiras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e, máis recentemente, Galicia Hoxe. A edición en papel do medio saíra a rúa o 9 de decembro de 2008 e contaba na actualidade cun cadro de persoal de sesenta traballadores que aínda non teñen fechado cal será o seu futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.