18 de outubro de 2011

Un ano de Blog diario.

Hoxe este Blog cumpre un ano. O cLub de Lectura naceu en 2007, tamén por estas datas pero o blog diario naceu sen previo aviso o día 18 de outubro de 2010.

O fixemos cunha entrada sobre o libro As cinco persoas que atoparás no ceo, que hoxe enlazamos aqui.

A primeira entrada do Blog. As cinco persoas que atoparás no ceo.

Engadimos un texto daquel libro.

A xente di que «atopa» o amor, coma se fose un obxecto escondido baixo unha pedra. Pero o amor adopta moitas formas e nunca é igual para todos os homes e mulleres. O que a xente atopa é un determinado amor. E Eddie atopou un determinado amor con Marguerite, un amor agradecido, un amor profundo pero sosegado, un amor que el sabía que, por encima de todo, era irreemplazable. Unha vez que ela se houbo ido, deixou que fosen pasando os días, el deixou que o seu corazón durmise.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.