13 de novembro de 2011

Na Rede as cantigas medievais galego-portuguesas

As cantigas medievais galego-portuguesas xa están en formato en liña, o que significa entre outras cousas que están a disposición de todo aquel que queira velas, lelas e afondar neste mundo das raizames pasadas, comúns en ámbalas beiras do Miño, do noso presente. Máis polo miúdo e segundo informan na páxina web Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, estamos ante unha base de datos centrada en achegar, a investigadores e público en xeral, a totalidade deste patrimonio literario presente nos nosos cancioneiros comúns, cousa que se complementa coas imaxes dos manuscritos e mesmo coa música.
Mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.