12 de xaneiro de 2012

Aforismos de Leonardo

41.- Os antigos pensadores chegaran á conclusión de que a facultade de xulgar concedida ao home ten a súa causa nun instrumento ao que se refiren os outras cinco mediante a percepción, e ao devandito instrumento designaron co nome de común sentido, afirmando que se acha situado dentro da cabeza. Aplícanlle este home de común sentido só porque el é o xuíz común dos outros cinco sentidos, a saber: vista, oído, tacto, gusto e olfacto. O común sentido entra en acción mediante a percepción, que se acha entre ela e os sentidos. A percepción é excitada polas imaxes que lle envían os instrumentos superficiais, é dicir, os sentidos, colocados entre as cousas exteriores e a percepción, e actuados á súa vez polos obxectos. Os obxectos tamén mandan as súas imaxes aos sentidos, os sentidos transfírenas á percepción, esta a o común sentido e de alí pasan á memoria, na cal permanecen máis ou menos segundo a importancia ou poder de cada unha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.