19 de xaneiro de 2012

Aforismos de Leonardo

42.- A natureza distribuíu no corpo do home os músculos, que estiran os tendóns e moven os membros de acordo coa vontade e desexo do común sentido, a semellanza dos oficiais distribuídos polo seu señor en varias provincias e cidades, os cales nos devanditos lugares represéntano e obedecen á súa vontade. E o oficial que unha vez obedecese ás indicacións directas do seu señor, fará despois espontaneamente, en igual caso, o necesario, sen desviarse da vontade superior. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.