8 de xaneiro de 2012

Ano 2012

O 2012 comeza cunha palabra estrela: crise. Nos orzamentos, nas actividades, nas previsións… en todo menos nas ideas. Aproveitamos que arrinca o ano repasando algunhas das iniciativas que deberán figurar nas nosas axendas nos vindeiros meses.
Producións, estreas, exposicións… malia que a crise, e a reducción dos orzamentos lastra parte da programación e, o que é peor, moitos dos xestores culturais deciden non facer públicas as súas citas ata que os orzamentos non estén consolidados e non se teñan que retractar. Con todo, revisamos as cousas xa anunciadas e que esperamos que se materialicen neste ano que acaba de comezar.
Os anos de….
Este ano cumpriranse cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979). E a efeméride celebrarase dedicando o 2012 como o ano do escritor de Longa noite de pedra, o que supón a difusión da biografía, así como a implicación das institucións públicas. Será o ano no que Valentín Paz Andrade será o homenaxeado no Día das Letras Galegas, para o que se está a preparar unha batería de actividades. Entre elas, a edición dunha BD sobre o persoeiro que a Xunta coeditará con Xerais. Neste sentido, o Consello da mostra exhibirase no Brasil, país co que Paz Andrade mantivo unha fonda relación e que permitirá ao Consello continuar co seu traballo de acción exterior.

Mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.