15 de febreiro de 2012

Aforismos de Francisco: Destino

¿Despois da tempestade sempre ven a calma? Físicamente falando, si. Alo menos dende a existencia da Terra ata os nosos días esa regra sempre se cumpriu.

Pero houbo longas épocas de tormentas que duraron longas xeracións de seres vivos, os cales non podían permitirse esperar na escura cova a que amainase: Eles non verían o sol, pero non por iso iban privar á súa descendencia dese deleite.

No mundo humano a motivación principal difere das de outro seres en que non só sentimos placer por sobrevivir, senón que nos gusta facer máis cousas. Aínda que son infinidade as cousas que nos gustan, estas cambian de un día para outro e a súa importancia sube e baixa coma unha montaña rusa. A supervivencia convertiuse nun placer per se. Ter fillos convertiuse nun gusto que ven e vai e sube e baixa. Non representa a mesma motivación que fai dez mil anos, cando eramos algo máis animais, pero coas ideas máis claras.

Pensar que tras a enfermidade so pode vir a sanación, é un determinismo perigoso. Porque considerando a morte unha sanación, esta pode chegar tanto agora coma nun momento no que xa toca por contrato vital xenérico ficar baixo terra.

O tempo curao todo. ¿Pero, é que o paso do tempo non é unha lenta morte?
¿Seguimos crendo nun destino escrito para nos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.