28 de marzo de 2012

Aforismos de Francisco: Desmesuradas ambicións

No que se basa a xente para valorar as cousas vai cambiando o longo do tempo.
Penso que antigamente valorabase aquilo que non eramos capaces de igualar.

O home vivía feliz sabendo das suas limitacións, e agradecendo solemnemente que existiran humanas excepcións que enchesen os seus baldíos ocos de imaxinación.
Regocixábase un admirando unha simple e natural melodía, recreandose na sinxeleza dunha trascendental fórmula matemática, e namorandose a traves de catro sinceros octosílabos. A súa xenial perfeción vólve esas obras simples e perceptibles ó ollo e o oído, pero quimericos e inalcanbles ás nosas neuronas.
Mais eramos humildes e realistas.

Pero a cousa foi cambiando e o home fíxose mais vanidoso e egoista. Tamen quixo formar parte da élite e apuntarse o carro da xenialide. Un carro con poucas prazas, e xeralmente sempre cheo.

Loxicamente pouco tardamos en percatarnos de que non estabamos capacitados para emular a esas privilexiadas excepcións. Pero non por iso nos demos por rendido, e a solución para vernos coa moral necesaria para non tirar a toalla foi renegar dos modelos anteriores, eses que xamais seremos capaces de igualar e, co pretexto da busqueda da propia individualide, comezamos a competir entre nós, e inventamos outras categorías para que todo o mundo atopase nelas o seu propio lugar e modelos a seguir.

Así naceron, por exemplo, a infinidade de estilos musicais e literarios dos que disfrutamos hoxe en día, os cales deberían chamarse, máis ben, antiestilos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.