11 de marzo de 2012

Pé das Burgas II

Buscade nas catro provincias galegas un regato algueireiro e xoguetón que morre nun poderoso río; seguídeo augas arriba, e pé dunha ponte esmochada detende o paso e mirade para os restos dunha granxa; chegade. como eu hai poucos días, pé dunhas casiñas que foron graciosas e risoñas; mirade polas regandixas da porta un xardín desfeito, salvaxe; deixade que a imaxinación pregunte á alma o que os ollos non ven, e descubrídevos ante a cruz roxa do portalón: aquela é a horta embruxada, un gran sepulcro que ten por lousa o infinito ceo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.