24 de abril de 2012

Lingua de namorar.

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e de Internet, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

O concurso Lingua de namorar consiste en enviar unha mensaxe de amor, dun máximo de 350 caracteres, que poderá redactarse en prosa ou en verso. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

O prazo para enviar as mensaxes permanecerá aberto ata o 17 DE MAIO.

Para participar é preciso cubrir o formulario de inscrición que atoparás na páxina http://www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar

Establécense dúas categorías de idade:

. Categoría A: de 14 a 19 anos
. Categoría B: de 20 a 35 anos

As mensaxes gañadoras recibirán os seguintes premios:
- Categoría A:
o 1º Un computador netbook
o 2º Unha consola Wii
o 3º Unha cámara de fotos dixital

- Categoría B:
o 1º Un iPad
o 2º Un libro electrónico cunha selección de títulos en galego
o 3º Unha cámara de fotos dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.