3 de xuño de 2012

Fragmento de Arredor de si, de Otero Pedrayo (I)

Catro libros sobre da mesiña. Maná serán seis, oito, dez. Non se esquecer de mercar Die Woche nos quioscos da rúa de Alcalá. Despois de almorzar andou moito Adrián. Agora aprecia novamente o vivo aire da maná en Madrid. Estivo na Universidade, pasou por fronte do Ateneo.


Ó sentarse canso en Fornos para gostar un "cocktail" apreciábase un pouco tristeiro e lonxano. Mais recuou diante dunha análise severa.


Facendo un cigarriño pensou nos dedos lixados polo tabaco. "Man de catedrático vello". Boa distracción optimista. Pasaba polo seu maxín a teoría dos catedráticos vellos. Don Platón. Pois so profesaba o latín per accidens. A súa personalidade foi de helenista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.