29 de xuño de 2012

Inicio de ALGO VERDE, de Fredric Brown

O enorme sol carmesí brillaba no ceo violeta. No limite da planicie marrón, salpicada de arbustos marróns, estendíase a selva vermella.

McGarry avanzou cara a ela dando zancadas. Explorar esas selvas vermellas constituía unha tarefa ardua e perigosa, pero era preciso facela. Explorara un milleiro de selvas; esta era, simplemente, unha máis.

Dixo:

- En marcha, Dorothy. Todo listo?

A pequena criatura de cinco patas que descansaba sobre o seu ombreiro non respondeu, en realidade nunca o facía. Non sabía falar, pero era algo co cal falar. Era unha compaña. Polo seu tamaño e o seu peso, parecíase asombrosamente a unha man que repousase sobre o seu ombreiro.

Tiña a Dorothy había... canto tempo? Catro anos, supuña. Estaba aquí había aproximadamente cinco, segundo calculaba, e atopouna ao redor dun ano despois. De calquera xeito, daba por sentado que Dorothy pertencía ao belo sexo, pola sinxela razón de que repousaba sobre o seu ombreiro como o faría a man dunha muller.

- Dorothy - anunciou -, creo que debemos preparamos para enfrontar problemas. Alí debe haber leóns ou tigres.

Abriu a funda da súa pistola solar e apoiou a man na culata da arma, listo para sacala rapidamente. Era polo menos a milésima vez que agradecía á súa boa estrela que a arma que lograra rescatar dos restos da súa nave espacial fose unha pistola solar, a única arma que funcionaba prácticamente sempre, sen recarga nin munición. Unha pistola solar absorbía enerxía e, ao apertar o gatillo, descargábaa. Con ningunha arma, salvo cunha pistola solar, tivera subsistido sequera un ano en Kruger III.

Mesmo antes de chegar ao límite da selva vermella, viu un león. Non se parecía en nada aos leóns que vira na Terra, por suposto. Este era maxenta brillante, unha cor tan diferente dos purpurinos arbustos tras os que se agazapaba que el podía distinguilo nítidamente. Tiña oito patas totalmente desarticuladas e tan flexibles e fortes como o tronco dun elefante, e unha cabeza escamosa cun pico semellante ao dun tucán.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.