24 de xullo de 2012

Arthur C. Clarke

Sir Arthur Charles Clarke, máis coñecido como Arthur C. Clarke, foi un escritor e científico británico. Naceu o 16 de decembro de 1917 en Minehead (Inglaterra) e faleceu o 19 de marzo de 2008 en Colombo (Sri Lanka). Autor de obras de divulgación científica e de ciencia ficción, como 2001: Unha odisea do espazo, O sentinela ou Cita con Rama e co-guionista da película 2001: Unha odisea do espazo.

Xa de pequeno mostrou a súa fascinación pola astronomía, cun telescopio caseiro debuxou un mapa da Lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a Segunda Guerra Mundial, serviu na Royal Air Force como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, na súa honra, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.

A súa fama mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos '60, como comentarista da CBS das misións Apolo; e na década dos '80, grazas a un par de series de televisión que realizou. Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada «Terceira Lei de Clarke»: Toda tecnoloxía o suficientemente avanzada é indistinguible da maxia.

Comezou a escribir ciencia ficción ao finalizar a guerra. Moitos dos seus relatos iniciais viran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente.

Algunhas das súas obras:

1968: 2001: Unha odisea espacial
1982: 2010: Odisea dúas
1987: 2061: Odisea tres
1996: 3001: Odisea final
1973: Cita con Rama
1989: Rama II (con Gentry Le)
1991: O xardín de Rama (con Gentry Le)
1993: Rama revelada (con Gentry Le)
1951: As areas de Marte
1952: Illas no ceo
1975: Regreso a Titán
1988: Berce (con Gentry Le)
1957: Contos da Taberna do Cervo Branco
1972: O vento do Sol: relatos da era espacial
1991: Contos do Planeta Terra

O vindeiro venres publicaremos o inicio dun dos seus relatos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.