13 de xullo de 2012

CONTACONTOS

Grandes e pequenos, é difícil substraerse á maxia dos contos e da narración oral, unha modalidade teatral na que Galicia ten un gran prestixio a nivel internacional. No noso podcast sobre o mundo do teatro en Galicia A tramoia descuberta, a actriz Charo Pita explícalle a Manu López e Ramón Estévez as claves da profesión. Ah, e tamén lle preguntamos aos críticos máis implacables, os propios nenos. Aos mandos técnicos, Reyes Abad, na Facultade de CC. da Comunicación.

mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.