20 de xullo de 2012

Diccionario simpático de nomes propios

MIGUELANXO
Pintor e escultor de moita habilidade nacido en Italia. Na escola xa mostrou o seu talento facendo caricaturas dos seus mestres. Estes non o apreciaron e tivo que irse a Florencia, onde comprou algúns cinceis, pinceis e seguiu coas súas cousas.
Máis tarde desprazouse a Roma e empezou unha intelixente e variada carreira como decorador de igrexas.  Co permiso do Papa fixo unha exposición no Vaticano, a cal acabou facéndose finalmente permanente.
Fixo ademais unha fortuna ao construír unhas tumbas en pedra para a familia Medici, políticos principais do seu tempo.
É difícil voltar da Italia sen ter visto moito do seu traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.