26 de agosto de 2012

Inicio de NA TABERNA de Eliseo Alonso

Os domingos pola tarde non había outro divertimento, nin mellor nin peor. Por iso a min gustábame facer roda, bebendo viño tinto, e escoitar os contos do "Araña" e os do "Fanecas", dous vellos que estiveran no Brasil cando mozos. No meu pobo case que todas as persoas tiñan nome de animáis. O "Araña" falaba aquel día dun amor seu, "unha pretina coma unha rosa", deste xeito:
—Eu daba para ela un vidro de colonia; ela para min unha garavata. Eu daba para ela un alfinete de pedras; ela para min un panamá. Lémbrome que nunha tarde en que eu andaba sosiño por entre unha plantación de mangas, veu deica min toda pamplineira e triste: "Ai, áchome moito doentinha. Doime aquí... Doime aquí", sinalaba levando a man a un peito. Eu trataba de seguido de a consolar: "Minha garotinha, pois que é o que tens", e apalpaba naquel tumor que ela sinalaba, dondo, doce, sen niñunha doenza...
—¡Trolas! ¡Baldosas! ¡Bogas! —interrompía o "Fanecas"- ¡Esa non cabe pola porta da igrexa!
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.