11 de setembro de 2012

Inicio de O Rei que rabiou de Enrique Labarta Pose

O REI QUE RABIOU
Conto antediluviano sin pés nin cabeza


Corrían os tempos de Maricastaña.
Fai desto seis mil anos, catro meses e cinco días.
¡Xa choveu dende estonces! ¡Como que eínda Dios tiña o deluvio en carteira! Pois señor, eisistía naquela época un podeiroso reino na comarca chamada hoxe de Xallas, partido xudicial de Corcubión, e no mesmo lugar onde din que Cristo dou as tres voces.


A capital do tal reino era Baíñas, manífeca cidá, tres varas e médea máis grande que Babilonia e convertida agora nunha pequeña aldea onde se cilebra o pirmeiro domingo de cada mes unha feira de ganado. ¡Sic transit gloria mundi!


O escudo daquel Estado era un embudo co ancho pra riba i o estreito pra baixo; e alí n'había tampouco nin máis forma de gobernó, nin máis lei, nin máis raio que o dichoso embudo, que se apricaba unhas veces pola parte ancha i outras pola estreita, según a catigoría do que demandaba xusticia.


Gobernaba a nación (e si aquelo era gobernar veña Dios e dígao) un rei que tiña por nome Calafate primeiro, i era, sin desprecear a nadie, o animal máis grande que comía broa (eínda non se enventara o pantrigo).
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.