26 de setembro de 2012

O xogo de Ender

O escritor de ciencia ficción estadounidense Orson Scott Card levou tres dos máis importantes premios para a temática ficticia (Hugo e Nébula e SF Chronicle) tras esta magnífica novela do ano 1985, iniciadora dunha prolífica saga. O marco : un conflictivo mundo futuro no que as tensións internas internacionais teñen que convivir coas externas entre seres dunha lonxana galaxia.

As ameazas dun violento enemigo interestelar coñecido como os Insectores, fomenta  a creación dunha tropa interestelar que contrarreste un inminente ataque que pode significar o fin da historia humana. Mais fai falla atopar a un comandante que esté a altura de tamaña odisea e dirixa a flota hacia a vitoria. Ese elexido será Ender, un neno superdotado de 6 anos que será sometido a un duro e inhumano adestramento na Escola de Batalla co único obxetivo de convertilo nunha perfecta máquina de matar e no que tanto o seu destiño coma o do mundo dependerá das súas mans e do seu prodixioso cerebro.

O dilema moral que sufrirá Ender por mor da súa actitud pacífica e racional en contraposición do que xeralmente se lle pide a xente na guerra, e a conciencia da súa enorme responsabilidade coa conseguinte decisión de aceptar o rol de cordeiro expiatorio ou non, envolverán continuamente o desenrolo da historia cuxo inesperado final deixará a porta aberta a diferentes interpretacións que poden dar cabida a moi interesantes debates entre amigos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.